Saturday 16 de November de 2024

O comercio local de Camariñas recadou preto de 400 euros para Asociación Española Contra o Cancro


Foi unha iniciativa de Paula Iglesias, propietaria de ‘D’Pau’, que se levou a cabo polo Día contra o Cancro de Mama e que contou coa colaboración do Concello.

O comercio local de Camariñas recadou 380 euros para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), unha iniciativa desenvolvida polo Día Contra o Cancro de Mama que contou coa colaboración do Concello.
Hoxe a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, estivo presente na entrega dos fondos por parte de Paula Iglesias Tedín, impulsora desta acción solidaria e propietaria da tenda D’Pau, á presidenta da AECC, Pilar Insua.
Tamén estivo presente no acto Diana Castro Tajes, que forma parte da directiva da asociación e é propietaria da tenda Chuchelandia.
A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, encargouse de poñer en contacto aos comerciantes coa AECC para poder articular a entrega dos fondos recadados. Cada establecemento adherido aportou 20 euros e venderon máscaras solidarias.
Os comercios que participaron son Ricardo Más (Camariñas), Moda Guillermina (Ponte do Porto), Óptica O Faro (Camariñas),Panadería Perla (Camelle), Moda Azucena (Camariñas), Encaixes Gelina (Camariñas), Peluquería Animor (Camariñas), Floristeria Alecrín (Xaviña), Bar Pillo (Arou), Encaixes Montse Freire (Camariñas), Librería Ler (Ponte do Porto), Peluquería Fátima (Arou), Oreiro Moda (Camariñas),O rincón de Chus (Camariñas), d&Pauu (Camariñas), Calzados Silvia (Camariñas), Kerubín
Moda Infantil (Camariñas), Sofi_Lin (Camariñas), Confecciones Elsa (Ponte
do Porto).