Friday 22 de November de 2024

O Concello regula a actividade dos taxis para dar servizo esta fin de semana


Desde esta madrugada ás cinco de mañá deste domingo traballarán as licenzas pares e desde mañá ata a madrugada do luns tocaralle ás impares por mor do baixa demanda provocada polas restricións para frear a pandemia

Logo de recibir as achegas da Asociación Local de Trabajadores Autónomos del Taxi La Coruña e mais da Asociación Herculina del Taxi A Coruña e atendendo ás novas restricións decretadas pola Xunta, desde as 05.00 horas de hoxe até as 05.00 horas de mañá traballarán as licenzas con números pares e descansarán as licenzas con números impares; e desde as 05.00 de mañá até as 05.00 horas do luns 16 estarán activas as licenzas con números impares e descansarán as licenzas con números pares. Desde o Concello, trasladouse esta regulación á Policía Local para que teña coñecemento do grao de cumprimento desta novidade.

Por outra parte, a Concellería de Mobilidade reunirase o luns pola tarde co sector para valoraren o funcionamento da regulación durante as semanas seguintes afectadas polas medidas anti-Covid.