Os Concellos da Baña e Negreira poñerán en macha conxuntamente un plan de mellora do alumeado público na localidade de Xanín e na avenida das Brañas. Esta zona é ondE se atopan os lindes dos dous concellos, na vía AC-444 que comunica a rontonda de Ceilán, no concello de A Baña, coa vila de Negreira. Esta rontonda canaliza tamén parte do tránsito de vehículos que acceden a Negreira ou a A Baña a través da AC-544.
Os dous concellos presentaron o proxecto de mellora do alumeado ante Vicepresidencia da Xunta. O plan de aforro enerxético consiste na renovación do alumeado público desta zona onde conflúen os límites de Negreira e A Baña. O Concello da Baña confía na aprobación do proxecto nas próximas semana para executar o plan nos próximos meses.