Friday 22 de November de 2024

O karateka alevín de Val do Dubra Ángel López Varela, medalla de ouro no XXII Trofeo de Kárate Vila de Negreira


14 deportistas dubreses participaron na cita que concentrou a máis de 200 karatekas de Galicia e Castela-León

O karateka de Val do Dubra, Ángel López Varela logrou a medalla de ouro en categoría alevín no XXIII Trofeo de Kárate Vila de Negreira que se celebrou este fin de semana na capital da comarca do Barcala. Nesta cita deportiva participaron máis de 200 competidores entre os 4 e os 18 anos pertencentes a 25 clubs de toda Galicia e de Castela-León. A expedición da Escola de Kárate Val do Dubra estivo formada por 14 competidores, de 5 a 14 anos. A actuación de cada un deles foi brillante, incluso a de aqueles karatekas que acudían por primeira vez a un evento deportivo “superando os medos que esto implica ata, en algún caso, conseguir estar no podio”, según informan os seus entrenadores.
Na categoría Benxamín, a máis numerosa de todas, a Escola de Kárate de Val do Dubra presentou a seis competidores. Destacaron as actuacións de Iago Montesinos Nieto (7 anos) que revalidou o terceiro posto obtido tamén o ano pasado e a de Rubén Saiz Rodríguez (6 anos) que se fixo con un meritorio cuarto posto.
En categoría Alevín a escola de Val do Dubra subiu ao máis alto do podio. Ángel López Varela (9 anos) conseguía a medalla de ouro tras demostrar un gran nivel técnico. Gran actuación tamén do resto de competidores dubreses que pese a non pasar á fase final, só pasaban oito por categoría, puxéronllo moi difícil ós demáis competidores e ós árbitros. En Alevín feminino non houbo sorte aínda que as dúas nenas de Val do Dubra fixeron un gran traballo.
Por último, en categoría Cadete, a escola acudiu con un debutante e pese á falta de experiencia, David Cancela Bodlak (14 anos) conseguiu unha moi meritoria medalla de bronce enfrontándose a karatekas con moita máis experiencia e de maior grado.