Teatro Avento Producións: UMMM!! Unha comedia musical… para chupar os dedos!
Venres, 13 de novembro – 18.30 horas – Auditorio Municipal – Entrada gratuíta
Podes recoller a túa invitación no LOCAL SOCIAL da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o venres 13 de novembro ás 13 horas.
Incluído e financiado no programa Fala Redes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Un espectáculo dirixido a nenas e nenos entre 3 e 7 anos. Cancións, bailes e cores arroupan unha historia sobre as diferencias, a autenticidade e o valor de traballar en equipo para aprender a ver o mundo cos ollos do outro.
Se queres revisar a unidade didáctica, podes descargala no seguinte enlace: https://www.concellodecarino.gal/wp-content/uploads/2020/11/U.D-UMMM-UNHA-COMEDIA-MUSICAL-PARA-CHUPAR-OS-DEDOS-Teatro-Avento-Produci%C3%B3ns.pdf