O alcalde de Malpica, Walter Pardo, pediralle á Xunta que se realicen análisis para un colectivo especialmente vulnerable, como son as persoas que traballan en establecementos de cara ao público, así como nos centros educativos.
Sanidade realizará este sábado un cribado masivo en Malpica de 350 análises PCR entre as persoas que integran o colectivo do mar – vendedores, redeiras e patróns de embarcacións-, así como ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, conversou de maneira telefónica esta mañá co xerente da área sanitaria da Coruña, Luis Verde; a xefa territorial, Cristina Pérez, e co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para comentarlle as inquedanzas respecto á situación sanitaria no municipio.
Pardo pedirá que se realicen os análisis pertinentes para un colectivo especialmente vulnerable, como o son as persoas que traballan en establecementos de cara o público, así como nos centros educativos, para os escolares de Malpica.
Actualmente, os casos activos por covid-19 no municipio son 61, segundo os datos que lle transmitiron ao propio rexedor malpicán, quen acudirá tamén a unha videoconferencia con Sanidade mañá, xunto a alcaldes e alcaldesas da contorna, para tratar a problemática sanitaria que incide en cada concello.
O goberno municipal insta á “prudencia en todo momento, continuando co pleno cumprimento das. Tan só así poderemos frear a incidencia do virus, coidarnos e coidar os demais”, afirman.