O Goberno propón unha rebaixa no imposto por herdanzas e unha bonificación do 50% na taxa por obras de rehabilitación en zona Pepri
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou hoxe a proposta de modificación das taxas e tributos locais que o Goberno municipal levará a pleno esta semana. Os cambios afectan a un total de 9 ordenanzas e teñen como obxectivo, indicou a alcaldesa, “facer un reparto máis xusto das cargas fiscais, baixando impostos a quen ten menos recursos”. Rey anunciou que esta proposta recolle a exención da taxa de terrazas durante todo o ano 2021 para os hostaleiros da cidade. Tamén inclúen unha importante rebaixa do Imposto de Construción Instalación e Obras (ICIO) para actuacións de rehabilitación, total ou parcial, que supoñan unha posta en valor da zona PEPRI.
Así, quen leve a cabo tarefas de rehabilitación en vivendas ou edificios residenciais catalogados nese ámbito pagará a metade da taxa. “Trátase de buscar un incentivo máis para fomentar a recuperación do casco histórico da cidade”, indicou Inés Rey.
A alcaldesa avanzou tamén unha substancial rebaixa do imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IVTNU), as coñecidas como plusvalías. Esa rebaixa aplicarase nos casos de herdanza, incluíndo un novo tramo de bonificacións que até o de agora non existía e que suporá unha redución de máis da metade do que aboaban ata o momento os afectados por ese imposto. Coa modificación proposta A Coruña sería, con Pontevedra, a cidade galega co imposto máis reducido e a única que aplica criterios de renda para ofrecer bonificacións.
Ademais, a ordenanza inclúe tamén na súa redacción a exención total da taxa para casos de execucións hipotecarias e dación en pago. “Aínda que estes cambios supoñen unha redución substancial dos ingresos municipais, entendemos que nun momento como este é fundamental axudar aos que peor o están a pasar”, dixo Rey, recordando tamén que as familias numerosas terán unha bonificación do 50% no recibo do lixo.
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxima Interior, e portavoz do Goberno José Manuel Lage Tuñas, especificou, por outra banda, que a totalidade dos cambios propostos suporán unha rebaixa da recadación para o consistorio de case 650.000 euros.
Lage Tuñas avanzou que o Goberno levará a pleno a suba das taxas que aboan os titulares dos caixeiros de entidades bancarias accesibles desde á rúa e tamén as licencias de apertura para salas do xogo na cidade. No primeiro caso o incremento chega ao 50% (cada caixeiro pagará ao Concello 630 euros ano fronte aos 420 do anterior mandato) e ao 100% no caso das salas de xogo, bingos e casinos, que
pasarían de 744 euros a 1.488 euros. “O incremento sobre as salas de xogo busca poñer freo á proliferación dese tipo de negocios na cidade”, indicou Lage Tuñas recordando os crecentes problemas de ludopatías asociados ao xogo.
As rebaixas nas taxas e tributos suporán para o Concello deixar de ingresar 680.911 euros ao ano, mentres as subas supoñen 31.912 euros máis. Así, a baixada de impostos suporá unha merma estimada de 648.999 euros na caixa municipal.
Tamén se levarán a pleno outros cambios, como unha actualización das tarifas dos servizo de extinción de incendios, que non ten incidencia nos cidadáns xa que as aboan as compañías aseguradoras, e regularízase a situación alegal na que se atopaban as praceiras de Durmideiras, equiparando as súas tarifas coas do Mercado de Monte Alto.
OS CAMBIOS NAS ORDENANZA
No53 Incremento de HerdanzasNovos tramos de renda para ofertar máis bonificacións.
Valor dos Terreos de Pásase de tres tramos con bonificacións do 95, 30 e
Natureza Urbana. 20% a catro con 95, 70, 30 e 20%.
No55 ICIO Bonificación do 50% das taxas por rehabilitación de vivendas en edificios catalogados en zona Pepri.
No6 Recollida de lixo Bonificación do 50% nas tarifas para familias numerosas.
No28 Terrazas Disposición transitoria pola que se exime do cobro da
taxa a todos as/os hostaleiros durante el año 2021.
No4 Aumento da licencia de Incremento do 100% para aperturas de salas de xogo, bingos e apertura para salas de xogo casinos. De 744 euros a 1.488 euros.
No32 Caixeiros Aumento da taxa anual que aboan os titulares dos
caixeiros con aceso desde a rúa. Pasa de 420 a 630
euros ao ano.
No8 Contribucións especiais. As taxas por servizos de bombeiros, que aboan as aseguradoras,
Extinción de incendios actualízanse para ver de cubrir parte dos custes do servizo,
sen repercutir eses custes aos cidadáns.
Ordenanzas no30 Regularízase a situación irregular do mercado de Durmideiras
Mercados Municipais equiparando as súas tarifas coas de Monte Alto e dando amparo legal ás placeiras. Fíxanse tarifas co mesmo fin para usos puntuais das plantas altas de Santo Agostiño e praza de Lugo.
No16. Museus Simplifícanse as tarifas e ordenarase a redacción.