Friday 22 de November de 2024

A Deputación da Coruña investirá máis de 10,4 millóns de euros no mantemento e reparación das súas estradas ao longo do 2015


Mantén o adianto de prazos conseguidos o ano pasado co obxectivo de poder iniciar as actuación canto antes

A Deputación da Coruña aprobará no pleno do martes o Plan de Conservación de Vías Provincias de 2015 co obxectivo de garantir a seguridade viaria de condutores e peóns nas estradas de competencia provincial. Deste xeito mátense o adianto nos prazos logrado o ano pasado para iniciar canto antes as actuacións.

Este ano, o montante total do plan supera os 10,4 millóns de euros que na súa maioría, nun 64% do investimento, irá a actuacións destinadas a mellorar o firme. De feito, renovarase o 11% da capa de rodadura da rede provincial.

Outra actuación importante pasa pola limpeza e roza das cunetas. Trátase dun dos elementos fundamentais para o bo funcionamento da circulación, por iso se prevé actuar sobre 2.140 quilómetros en noutros 5.145 metros se construirán cunetas revestidas de formigón para aqueles tramos onde a pendente ou a excesiva acumulación de auga poderían provocar a erosión do firme. A este apartado se destinará o 20% do orzamento do plan.

Pero ademais, o Plan de Conservación de Vías Provinciais inclúe tamén un apartado para a sinalización que se levará o 12% do investimento. Con esta achega se incorporarán ata 1.568 sinais tanto de advertencia como de prohibicións, e se substituirán aquelas que se atopen máis deterioradas. Ademais se recolocarán outras 287.

A sinalización horizontal se estenderá ao longo de 554 quilómetros e se pintarán 412 pasos de peóns.

Así mesmo, a Deputación continúa coa defensa viaria en curvas e tramos en terrapléns perigosos. Colocaranse aproximadamente 2.079 metros lineais de biondas ou varandas.

Por último, o programa do presente ano contempla obras de drenaxe que repararán tajeas danadas ou atascadas, e a renovación de ramplas salvacunetas en interseccións. Alcanzaranse 876 metros de novas tubaxes e 146 unidades de tajeas.

O plan, e as actuacións incluídas nel, son o resultado do traballo e o estudo exhaustivo da situación das estradas provinciais polo persoal dependente do servizo de Vías e Obras. Durante todo o ano realizan visitas periódicas ás estradas propiedade da Deputación, co fin de realizar un diagnóstico das necesidades máis urxentes. Así, o plan inclúe agora todas as obras precisas para manter en bo estado as estradas provinciais e garantir a seguridade de condutores e peóns.