Saturday 16 de November de 2024

Ofrenda polos 130 anos do afundimento do Serpent


A alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes levaron a cabo hoxe unha ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses para conmemorar o 130 aniversario do afundimento do #Serpent.

Este ano, como viña sendo habitual, non haberá espectáculos teatralizados por mor das restricións que marca o contexto sanitario actual. De tódolos xeitos, o goberno local está a traballar nunha serie de homenaxes para todos os mariñeiros afogados do municipio.

Un destes proxectos é o Museo dos Naufraxios, que se pretende instalar na Lonxa Vela e que agárdase que no ano 2021 comece a tomar forma.