Saturday 16 de November de 2024

Miño abre o prazo para solicitar as axudas a autónomos e microempresas dotadas de 107.000 euros


Aqueles afectados polas consecuencias económicas derivadas da COVID-19 poderán enviar as solicitudes desde mañá e ata o 25 de novembro.

O Concello de Miño abrirá mañá, mércores 11 de novembro, e ata o 25 de novembro o prazo para
aqueles autónomos e microempresas do municipio que se visen afectados directamente ao declararse o
estado de alarma para conter a expansión da COVID-19 soliciten unhas axudas que contan cun
orzamento total de 106.889,52 euros.
Os interesados ou interesadas poden realizar os trámites a través da sede electrónica municipal
( https://sede. concellodemino. gal/ opencms/é/ procedimientosytramites/tramites/ SolicitudAyudasPelReact ive), onde atoparán toda a documentación a cumprimentar. Para resolver calquera dúbida os interesados poden enviar un correo electrónico a promocioneconomica@concellodemino.gal.
Poderán participar nesta convocatoria os autónomos, autónomas e microempresas con domicilio fiscal no Concello de Miño, que se visen afectadas polo peche do seu negocio durante o estado de alarma, así como aquelas que visen reducida a súa facturación en máis dun 75% ou se acollesen a un ERTE como consecuencia da situación de crise sanitaria orixinada pola COVID-19.
As subvencións, compatibles con outras prestacións supramunicipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/ as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores/ as.
Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de paneis de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións e auga, luz, gas, etc.