Monday 25 de November de 2024

A Policía Autonómica realizou 48 inspeccións na provincia da Coruña nos dispositivos para controlar as medidas ante Covi-19


No marco destes controis os axentes identificaron a 28 persoas e tramitaron 17 denuncias en nove concellos da provincia coruñesa

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana 28 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 48 inspeccións en nove concellos da provincia na pasada fin de semana, que deron como resultado a identificación de 28 persoas e a tramitación de 17 actas de infracción.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 06 ao 08 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.
Leváronse a cabo dispositivos en nove municipios da provincia en Ames, Boiro, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela,. Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Teo.
No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 30 concellos, nos que que se rexistraron 87 operativos cun total de 116 inspeccións, con máis de 552 persoas identificadas e 29 denuncias tramitadas.
Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.