Saturday 16 de November de 2024

Touro mantén o interese por incorporse ao territorio da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia


O Concello de Touro mantén o interese por incorporarse ao territorio da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. O secretario da IXP, Manuel Vilariño, ofreceu unha charla en Fonte Díaz, Concello de Touro, a arredor de 20 interesados en implicarse en proxectos que teñan como protagonistas ao castiñeiro a ao seu froito. A maioría das persoas que acudiron son propietarios de terreos nos que xa teñen plantados castiñeiros ou queren plantar nun futuro próximo. A charla, que tivo por título ‘Nocións básicas para o aproveitamento dos soutos’, tivo lugar o pasado 29 de outubro na Casa da Cultura, en Fonte Díaz e foi impartida por Manuel Vilariño, quen recoñece a tradición e vínculos históricos do Concello de Touro co castiñeiro e a castaña. O experto tamén destacou o interese por parte de propietarios de Touro por iniciar e desenvolver proxectos arredor deste tipo de plantacións. Na charla falou da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, tratou os modelos e traballos para facer plantacións, abordou as variedades de castiñeiros e castañas, destacou as variedades de castaña más apreciadas para a comercialización e tamén apuntou os cuidados de mantemento dos castiñeiros e as pragas que é preciso combater. Posteriormente atendou ás inquedanzas dos presentes na charla, na que se aplicaron todas as recomendacións das autoridades sanitarias para combater a Covid19.

O Concello de Touro xa mostrou hai tempo a seu interese en incorporarse á Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia. Atópase no límite do territorio desta IXP, pero fóra del. O Goberno municipal, que xa trasladou á Xunta ese interese, entende que este amparo daríalle ao froito cultivado en Touro un valor engadido, potenciando a súa calidade e facilitando a súa comercialización nos diferentes mercados.