Friday 22 de November de 2024

Carral levará a pleno a creación dun servizo de tesourería conxunto con Abegondo e Bergondo


A sesión servirá, ademais, para aprobar o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Transporte Metropolitano da Coruña.

O Concello celebrará, esta semana, un pleno extraordinario para elevar a proposta de creación dun servizo de tesourería conxunto cos Concellos de Abegondo e Bergondo. Inicialmente, esta agrupación estaría constituída tamén por Miño. Con todo, este último Concello ocupou xa a vacante, polo que o resto de Concellos teñen que volver aprobar esta proposta en pleno.

Actualmente, os catro Concellos contan con habilitados nacionais en Secretaría e Intervención, pero non en Tesourería, dada a dificultade que supoñería para cada un de forma individual @teniendo en cuenta a carga de traballo existente -sobre todo, @teniendo en cuenta que, tanto Carral como Abegondo e Bergondo teñen boa parte da recadación delegada na Deputación provincial da Coruña-. Por esa razón, os tres concellos apostan por compartir o servizo cun mesmo habilitado.

O pleno servirá, así mesmo, para aprobar o convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Transporte Metropolitano da Coruña. A contía que o Concello consignará, anualmente, entre o 2021 e o 2024 para o desenvolvemento conxunto deste servizo será de 11.021,14 euros, aproximadamente. Desde o goberno local lembran as melloras implementadas no servizo de transporte grazas ás alegacións presentadas polo Concello no seu momento. Entre elas, destaca a incorporación da conexión cara a Vos Campóns (Cambre) e o aumento de frecuencias na liña que conecta con Betanzos. Así mesmo, outra das novidades máis importantes será para os veciños e veciñas de Cabrois, que dispoñerán dunha parada nas liñas que conectan Entrexardíns e a Urbanización Monte Xalo.

Implantación dun sistema de xestión documental

Outro dos asuntos que se elevarán ao pleno extraordinario será a adhesión do Concello ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a implantación do sistema de xestión documental ARQA nos arquivos públicos municipais. Por medio deste convenio, o Concello comprométese, entre outras cuestións, ás seguintes:

· Colaborar no proceso de migración de datos dos arquivos ao novo programa de xestión documental.

· Asumir sobre o control de aplicación, así como das altas e baixas dos usuarios e usuarias.

· Colaborar coa Xunta na formación e mellora dos encargados dos servizos de xestión documental.

· Cooperar na actualización dos datos do Censo de Arquivos de Galicia e na elaboración de estatísticas.

· Cooperar na difusión dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais.