O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu esta mañá a unha chamada de alerta por un accidente de tráfico en Noia. O sinistro, un choque entre dous vehículos, causou feridas leves a cinco persoas e as súas causas estaban a ser investigadas nestes momentos pola Garda Civil de Tráfico. O accidente tivo lugar no cruce da AC-550 coa DP-5704, á altura da Barquiña.
Os técnicos do GES de Brión procederon a anular a corrente de ambos vehículos e limparon a estrada con líquidos absorventes e dispersantes. Unhas tarefas de limpeza e reinicio do tráfico nas que contaron coa colaboración da Policía Local de Noia e Protección Civil de Noia.