O Concello de Riveira informa de que este luns día 26 ábrese o prazo de inscrición para matricularse nalgún dos 14 cursos que sobre informática se van a poñer en marcha dende a Concellería de Novas Tecnoloxías. Estas novas accións formativas desenvolveranse nas parroquias de Aguiño, Palmeira, Oleiro se Santa Uxía. Son totalmente gratuítas do 2 de febreiro ao 9 de abril.
Nove destes cursos versarán sobre alfebetización dixital (tres deles serán de nivel intermedio; o resto, de iniciación), un estará dedicado a retoque fotográfico (GIMP), dous a DNI electrónico e os outros dous chamaranse “Co teu portátil”.
Os interesados poden anotarse os luns, mércores, xoves e venres en horario de 10 a 14 horas (e o martes de 12.30 a 14 horas) na Aula CeMit, na rúa Cubeliños (teléfono: 981 876 043). Tamén cabe a posibilidade de anotarse vía web en:
https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/actividades?execution=e1s1