A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organiza un obradoiro para mulleres titulado Dixitalizad@s. Eliminando a fenda dixital de xénero, o cal se desenvolverá no mes de novembro (2, 4, 6, 9, 11, 13, 16 e 18), en horario de 10.00 a 12.00 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal.
O obxectivo deste taller práctico-teórico radica en formalas en diferentes aspectos prácticos da vida cotiá que precisan da tecnoloxía, especialmente aqueles que requiren da relación coa Administración pública. Neste senso, o programa estrutúrase en sete sesións: Como me preparo para facer trámites dende o meu ordenador, Que é un certificado dixital e outros sistemas de acceso á sede electrónica, Trámites coa Seguridade Social, Trámites co Ministerio de Xustiza, Trámites co Concello da Pobra do Caramiñal, Trámites coa Axencia Tributaria e Redes sociais.
Trátase dunha actividade de balde e as prazas son limitadas, polo cal as persoas interesadas deberán realiza-la súa inscrición a través do enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 2206.
A acción está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Unión Europea.