Negreira visitou as instalacións da EIM Agra do Orzán nas que se investiron 738.000 euros e que terán capacidade para 82 menores de 0 a 3 anos
O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitou hoxe a Escola Infantil Municipal Agra do Orzá nque abriu as súas portas con 82 prazas para menores de 0 a 3 anos, que se suman ás 95 da escola Carmen Cervigón e ás 82 que ofrecerá a Escola Infantil da Sardiñeira o próximo curso.
“Coa apertura desta Escola Infantil cumprimos cun triplo obxectivo: coa educación, coas familias e co barrio”, destacou o alcalde, quen explicou: “Coa educación, porque neste mandato se incrementarán o número de prazas nun 42%, pasando de 640 a 909 prazas; coas familias, porque é a primeira vez na historia da cidade que se ofrecen prazas gratuítas para as familias con menos recursos e segundos e sucesivos irmáns, concretándose neste curso en 54 prazas gratuítas; e co barrio, no que o Goberno municipal está a investir en torno aos 15 millóns de euros no mandato en proxectos como o Novoboandanza e que, a partir de hoxe, dispoñerán de centros de ensino dende os 0 aos 18 anos,”.
Negreira destacou que a posta en marcha destas novas escolas reflexa o compromiso deste Goberno local coa educación e recordou que, no Presuposto municipal de 2015, se incrementou un 17% a partida destina á rede de escolas infantís municipais, alcanzando 1.266.091 euros; e que as taxas están conxeladas dende o ano 2012.
O novo centro, contará cun total de 82 prazas e 6 aulas nun edificio de 1.356 metros cadrados. Dividida en 3 corpos, ten un espazo de usos múltiples de 230 metros cadrados, patio exterior e zona axardinada.
Tal e como explicou o alcalde, se investiron 738.221 euros e contará cun presuposto de funcionamento en 2015 de 137.000 euros.