Perante as condicións meteorolóxicas adversas previstas para este sábado -alerta laranxa por
vento intenso de forza 8 en boa parte do litoral da provincia da Coruña-, a Banda de Gaitas
Airiños de Fene e o Concello de Fene acordaron o aprazamento da XXXII Xuntanza de
Gaiteiros, prevista para mañá ás 20.30 horas na Praza do alcalde Ramón José Souto
González. O festival, que ía contar nesta edición coa actuación do grupo Tiruleque, realizarase
finalmente noutra data da que informarán as entidades organizadoras próximamente.