Friday 22 de November de 2024

O Concello non computará as faltas de asistencia nas Escolas Deportivas Municipais mentres exista a restrición de grupos de cinco persoas


A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quere transmitirlle tranquilidade ao alumnado destas escolas deportivas e lémbralle que son espazos seguros. Existe un protocolo Covid-19 específico por cada unha das actividades e estanse adoptando moitas medidas de seguridade que deberían reducir o risco de
contaxio

O Concello a través da Concellería de Deportes, informa de que, en cumprimento da nova orde da Consellería de Sanidade do 21 de outubro de 2020, os grupos das Escolas Deportivas Municipais deberanse reducir a cinco persoas e un monitor ou monitora. No caso das actividades de piscina, ademais, existe a limitación do 50% da capacidade e un máximo de 100 persoas en total ao mesmo tempo.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, quere transmitirlle tranquilidade ao alumnado destas escolas deportivas e lémbralle que son espazos seguros. Existe un protocolo Covid- 19 específico por cada unha das actividades e estanse adoptando moitas medidas de seguridade que deberían reducir o risco de contaxio.
Como consecuencia á nova medida, o Concello da Coruña establece que durante os 14 días que dura esta nova restrición non será obrigatorio acudir ás escolas deportivas municipais e, polo tanto, non se computarán as faltas de asistencia. O alumnado que desexe asistir irá recibindo información ao chegar ás instalacións sobre como se van organizar os grupos durante este período de tempo. O Concello poderá diminuír a frecuencia das clases co fin de reducir o número de alumnado por grupo.