Friday 22 de November de 2024

Continúa a programación das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán cunha conferencia e teatro


A Pobra segue inmersa na programación da vixésimo segunda edición das Xornadas de Homenaxe a Valle- Inclán e para esta mesma fin de semana están programadas tres actividades.
Así, Xaquín del Valle-Inclán Alsina será o encargado de poñe-lo toque literario neste venres 23 coa conferencia La modernidad en el libro La Reina Castiza, ás 20.00 horas, no Elma. A seguir, ás 20.30 horas, Tatana Teatro subirá ás táboas para poñer en escena a adaptación en galego Farsa e licenza da Raíña Castiza. 20_20.
O apartado teatral terá continuidade no domingo 25, tamén no Elma, con Teatro del Norte, que interpretará Retablo. De Valle-Inclán a Lorca, ás 20.00 horas.
Cómpre lembrar que se seguirán as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deberán formaliza-la súa reserva a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2014, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Os demais actos que conforman o programa desenvolveranse a vindeira semana como colofón ás xornadas deste ano.