Friday 22 de November de 2024

Exposición bibliográfica de Carvalho Calero na Biblioteca Municipal de Fene


Cunha pequena mostra bibliográfica con perto dunha trintena de libros de diversos xé- neros (biografía, historia, teatro, poesía, narrativa, infantil e xuvenil…), a Biblioteca Municipal de Fene rende homenaxe estes días á figura de D. Ricardo Carvalho Calero. A pandemia provocada pola Covid-19 e o confinamento ao que estivo sometida a poboa- ción no mes de maio motivou o aprazamento da conmemoración do Día das Letras Galegas para este mes de outubro ao igual que fixeron outras institucións como a Real Academia Galega.

A xente na barreira, Scórpio, Poesía perdida, Beleza, verdade ou Escritos sobre teatro. Son algúns dos títulos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020 que inclúe esta exposición xunto con estudos e ensaios sobre a figura de Carvalho Calero. A mostra permanecera na Biblioteca Municipal de Fene até o vindeiro 31 de outubro e poderá visitarse de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.