Sunday 24 de November de 2024

O PRESCO cultural realiza 45 actuacións en 25 prazas da cidade


A alcaldesa, Inés Rey, asegura que se “estudou a posibilidade de tapar estes espazos, pero o obxectivo é que estean ao aire libre para evitar contaxios e darlles visiblidade ás artistas e aos artistas e axudarlles ao comercio e á hostalaría”

A programación cultural do PRESCO levará realizadas, desde a súa posta en marcha o pasado 25 de setembro e até o domingo 18 de outubro, 45 actuacións en 25 prazas de diferentes zonas da cidade. Música, humor, contacontos, maxia, teatro ou danza son os espectáculos que a veciñanza de todos os barrios da Coruña leva desfrutando nestes 13 días repletos de actuacións.

A alcaldesa, Inés Rey, sinala que algunhas das actividades previstas hai semanas non se puideron realizar por mor da climatoloxía adversa, pero “estas actividades deben ser ao aire libre por cuestións sanitarias”. Rey asegura que se “estudou a posibilidade de tapar estes espazos, pero o obxectivo é que estean ao aire libre para evitar contaxios e darlles visiblidade ás artistas e aos artistas e axudarlles ao comercio e á hostalaría”. En definitiva, “está habendo moitas actuacións que lle gustan moitísimo á xente e as e os artistas maniféstannos que están moi contentos coa iniciativa”.

Canto aos bonos desconto do PRESCO, desde o Goberno local apúntase que xa hai realizadas máis de 24.000 descargas ata o de agora e 698 establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa. Ademais, 14 comercios da cidade xa chegaron ao límite establecido: 3 establecementos do comercio pequeno cun tope de 3.000 euros por empresa e 11 de cultura con 5.000 euros de máximo por establecemento. O Goberno local reunirase a semana que vén con comerciantes e hostalairos adheridos para realizaren un seguimento e avaliación do funcionamento do programa.

A iniciativa cultural do PRESCO, que conta cunha programación con máis de 100 actuacións e cun orzamento de 300.000 euros, ten como obxectivo apoiar o tecido cultural e ao mesmo tempo favorecer o consumo no comercio e na hostalaría nos diferentes barrios da Coruña durante o outono. O vindeiro 29 de novembro será a última actuación desta iniciativa de balde impulsada polo Concello da Coruña.

PROGRAMACIÓN PARA ESTA FIN DE SEMANA
Venres, 16 de outubro:
Música infantil
Contos de aquí para alá, Lydia Botana
Parque de Eirís, 18.00 h

Teatro infantil
Na casa, Caramuxo Teatro
Praza Torrente Ballester, 18.30 h

Música tradicional e danza
Son D’Aquí + Exire
Campo de Marte, 18.30 h

Humor
Monólogo de Víctor Grande

Nota de Prensa

Praza do Humor, 19.00 h

Humor
Monólogo de Celso Sanmartín
Praza Elíptica, 19.00 h

Sábado, 17 de outubro:
Música
Sergio Delgado Trío
Novo Mesoiro, 13.00 h

Música
Susana Seivane Trío
Praza de Vigo, 13.00 h

Teatro infantil
O poder de Amabel, Pérez y Fernández
Exterior Pazo da Ópera, 17.00 h

Teatro
O Ferro, Teatro do Andamio
Parque de Eirís, 17.00 h

Danza
ON, Exire
Iceberg, Entremans
Praza de Vigo, 18.00 h

Nota de Prensa

Humor
Nabiza Girl, Isabel Risco
Soportais Paseo das Pontes, 19.00 h

Domingo, 18 de outubro:
Contacontos infantil
La Princesa Primorosa, Adelaida Pittaluga
Praza de Monforte, 12.00 h

Contacontos infantil
Paxariños, Trinke Trinke
Praza de Azcárraga, 12.00 h

Música
Marian Ledesma y Los Tinaquero Brothers
Praza de Lugo, 13.00 h

Teatro infantil
Comenoites, Os Náufragos Teatro
Praza da Galera, 17.00 h

Teatro itinerante
O cego dos monifates, Seisdedos
Os Mallos e Sagrada Familia, 17.00 h