Friday 22 de November de 2024

Miño presenta oficialmente a súa I Regata Kaiak de Mar, que terá lugar a próxima fin de semana entre a praia Grande e a praia de Perbes


Ao acto acudiron o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo; o concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea; Teresa Oujo, presidenta do Club Náutico de Miño; o presidente da Asociación de Empresarios de Miño, Pablo Folla e diversos membros do comité organizador e Protección Civil.

O Concello de Miño presentou esta tarde de maneira oficial a súa ‘I Regata Kaiak de Mar Concello de Miño’ e que se celebrará a próxima fin de semana entre a praia Grande e a praia de Perbes.
Ao acto acudiron o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo; o concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea; Teresa Oujo, presidenta do Club Náutico de Miño; o presidente da Asociación de Empresarios de Miño, Pablo Folla, e diversos membros do comité organizador e Protección Civil.
Á proba, de carácter individual e por equipos, acudirán deportistas de toda España, chegados desde comunidades autónomas como Asturias ou Canarias. Está previsto que se celebren, ademais, varias andainas durante a fin de semana, para que os e as deportistas poidan coñecer a contorna natural de Miño, como a recentemente recuperada Fraga do Xarío.
Como colaboradores do evento, a Asociación de Empresarios de Miño preparará menús individualizados para os deportistas, cuxa alimentación específica é moi importante para poder desenvolver nas mellores condicións esta proba. Desde o Concello, queren agradecer ‘o seu implicación nunha faceta do deporte tan importante como o é a nutrición. Tamén á Federación, ao Club Náutico e a Protección Civil. Esta I Regata Kaiak de Mar Concello de Miño contará cuns estritos controis hixiénico-sanitarios tanto para público como para os e as deportistas, e garantir así ao máximo a seguridade de todos os axentes participantes’, destacan.