O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión acudiu ás 14:30 horas de hoxe a unha chamada de alerta por un lume urbano en Negreira. Un incendio que tivo lugar na campá estractora dunha vivenda e que afectou a unha persoa de avanzada idade, que inhalou fume e tivo que ser atendida polos sanitarios, se ben non precisou de traslado ao centro médico. Os técnicos do GES de Brión colaboraron na ventilación da vivenda e na comprobación de que non quedara ningún punto quente na vivenda que puidera dar lugar a un reinicio do lume.