Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño aproba a súa primeira ordenanza de praias


Regúlase a pesca, a circulación e varada de embarcacións e outros artefactos relacionados, a acampada, a presenza de animais de compañía, a práctica de deportes acuáticos e outras actividades, o baño e a venda non sedentaria de produtos..

A pesar de ser un concello turístico e contar con afamadas e concorridas praias, o concello de Miño
nunca contou cunha ordenanza que regule o seu uso. Isto cambiará o vindeiro xoves 15, cando se aprobe en pleno a primeira ordenanza municipal de praias do concello.
Tras a preceptiva exposición pública e a súa aprobación definitiva contarase por fin con normas reguladoras das condicións xerais de utilización de uso e goce polos usuarios das praias, respectando a seguridade, a saúde pública e a protección do medio ambiente, regular as actividades que se practiquen nos areais promovendo a protección cidadá e a calidade dos servizos que se presten. Por exemplo regúlase a pesca, a circulación e varada de embarcacións e outros artefactos relacionados, a acampada, a presenza de animais de compañía, a práctica de deportes acuáticos e outras actividades, o baño e a venda non sedentaria de produtos.
O goberno local avanza así na modernización de usos e servizos nas praias, para adaptarse aos novos tempos, que se iniciou este pasado verán coa modernización do aparcamento da praia Grande, a concesión de novos postos de food trucks e a difusión de megafonías trilingües, con gravación profesional.