Friday 22 de November de 2024

A Carballeira de Rodiño acolleu o espectáculo  Pallaso total de Duende Circo


Medio cento de persoas asistiu o pasado domingo ao espectáculo Pallaso total. A cita, incluída dentro do ciclo de teatro infantil Escena Pequena do Concello de Boqueixón, desenvolveuse na Carballeira de Rodiño.
Grandes e cativada gozaron co espectáculo ofrecido por Duende Circo. Os malabares con lume foron os que máis sorprenderon ao público asistente.
A última das sesións do ciclo teatral infantil do Concello de Boqueixón terá lugar este domingo 18 de outubro co espectáculo dos Monicreques de Kukas Xan Perillán, compra queixo, compra pan. A actuación terá lugar ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Camporrapado. Trátase dun espectáculo que,
segundo indican dende a propia organización, mestura o clown e a pantomima coa maxia dos monicreques compaxinando o lecer e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.
A asistencia a todos os espectáculos é de balde. Dado o aforo limitado, as persoas interesadas deberán solicitar a súa entrada no Departamento de Cultura ( cultura@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 115).