Un trata sobre aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais e outro sobre a valorización de subprodutos forestais
O Concello de Camariñas oferta dous cursos gratuítos relacionados co sector forestal e abertos a todos os públicos, residentes ou non en Camariñas.
Levaranse a cabo de xeito telemático e un trata sobre ‘Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais’ e outro sobre ‘Valorización de subprodutos forestais’.
Comezarán o 14 e o 15 de outubro, respectivamente, e os interesados ou interesadas poderán anotarse antes do comezo de cada curso a través do seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeAvPsofTNFQVnIkf8snK9aeSK b2P0PvA1Jaf67ZtMyTUo_EA/viewform?gxids=7628
O curso sobre “Aplicación de tecnoloxías de xeoposicionamento na xestión de explotacións forestais” emitirase en directo os luns, mércores e venres do 14 ó 28 de outubro. Nesta acción formativa veremos, entre outras cousas, como obter as referencias catastrais das nosas parcelas, que visores nos permiten coñecer o seu estado respecto á normativa vixente, ou que aplicacións móbiles nos facilitan a localización e a planificación para unha boa xestión.
Por outra banda, o curso sobre “Valorización de subprodutos forestais” celebrarase os martes e xoves do 15 de outubro ao 3 novembro. Nesta acción formativa veremos, entre outras cousas, distintos aproveitamentos forestais alternativos ou complementarios ós madeireiros, compatibles coa
lexislación vixente, ou ferramentas que engaden valor as producións forestais.
Máis información chamando á Casa de Pedra no teléfono 981 73 70 04 preguntando por Daniel.