Friday 22 de November de 2024

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, realiza unha visita institucional a Mugardos


O representante do goberno autonómico e o alcalde repasaron as iniciativas nas que está traballando a Xunta neste municipio
O novo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, realizou esta mañá a primeira visita institucional ao concello de Mugardos e mantivo unha reunión co seu alcalde, Juan Domingo de Deus. No encontro repasaron as distintas iniciativas nas que está traballando a Xunta neste municipio. Ademais, interesouse polas suxerencias achegadas polo rexedor.
O representante do goberno autonómico tamén recolleu a preocupación do Domingo Deus polos problemas de cobertura de Internet en moitas zonas do concello e comprometeuse a traballar conxuntamente para mellorar este servizo en todo o territorio.