Comezarán o vindeiro 27 de outubro e celebraranse tanto na Casa do Oleiro de Buño como no Centro Cívico de Malpica.
O Concello de Malpica promove actividades para persoas maiores e con diversidade funcional a través de varios obradoiros de estimulación cognitiva e de uso do móbil.
Comezarán o vindeiro 27 de outubro e celebraranse tanto na Casa do Oleiro de Buño como no Centro Cívico de Malpica. Para anotarse, será necesario chamar ao 981 72 02 80.
Así, o obradoiro de memoria, atención e percepción para persoas maiores e con diversidade funcional impartirase na Casa do Oleiro de Buño, os martes de 11:00 a 12:00 horas, e no Centro Cívico os mércores de 10:30 a 11:30 horas.
Pola outra banda, o obradoiro de informática e uso do móbil para persoas maiores e con diversidade funcional impartirase na Casa do Oleiro de Buño os martes de 12:00 a 13:00 horas, e no Centro Cívico malpicán de 11:30 a 12:30 horas os mércores.
O concelleiro de Benestar, Sergio García, avanza que ‘as actividades contarán con estritos protocolos fronte á COVID-19 e están pensados para público de máis idade, para que poidan exercitar a memoria e incluso relacionarse, con cautela, entre si, para non perder esa costume social que tiñan antes da pandemia. Contamos que será moi interesante para elas e eles e animámoslles a participar’, subliña o edil.