Con motivo da iniciativa O teu Xacobeo, Serafín Marcos regresa á Pobra do Caramiñal cunha nova visita teatralizada. Baixo o título A Pobra xacobea, retomarase a ruta polo exterior, percorrendo diversos emprazamentos da vila que gardan relación co Camiño, ademais de ofrecer algunha sorpresa. Deste xeito, anticípase o Xacobeo 2021 cunha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante 2020, impulsada pola Xunta, e que, no caso concreto do municipio, consistiu en viaxes en veleiro e visitas teatralizadas.
A actividade transcorrerá o sábado 10, a partir das 19.00 horas, establecendo como punto de encontro a Casa Mariñeira (parque do Castelo). En caso de chuvia, trasladarase ao auditorio do Museo Valle-Inclán.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deben formaliza-la súa inscrición por whatsapp no teléfono de contacto 687482835 ou por correo electrónico turismo@apobra.gal.
Cómpre lembrar que esta cita terá lugar seguindo o protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19.