Esta mañá procedeuse á retirada de varias palmeiras de competencia municipal afectadas polo picudo vermello -Rhynchophorus ferrugineus-. Trátanse de exemplares situados nos Xardíns Valle-Inclán e na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.
A dita medida tamén está motivada debido a que, ante o mal estado que xa presentaban por mor da praga, podían representar un perigo para as persoas en condicións meteorolóxicas adversas. Estas árbores son uns dos distintivos máis emblemáticos dos Xardíns Valle-Inclán, ademais de antigas.
A actuación xestionouse dende a Concellaría dos Servizos Municipais, mediante a contratación dunha empresa externa para a realización das tarefas.