Friday 22 de November de 2024

Un grupo de sendeiristas, da man de Galicia Senderismo, desfrutou onte domingo da ‘Ruta dos Tres Ríos’ ata a fervenza do Inferniño


Un grupo de quince sendeiristas procedentes de toda Galicia fixo onte domingo no Concello de Touro a ‘Ruta dos tres ríos’ (PR-G 121) ata a fervenza do Inferniño, iniciativa organizada por Galicia Senderismo. Como é típico no tempo do outono, os camiñantes, que desfrutaron das paraxes máis fermosas da natureza de Touro, fixeron a ruta entre chuvia e claros con sol. O percorrido transcurreu polas parroquias de Touro, Fao, Cornado e Novefontes. O percorrido, de 19 kilómetros, durou cinco horas e media. Galicia Senderismo, a través dos seus responsables, agradecen ao Concello de Touro todas as facilidades para organizar esta ruta. “É unha ruta limpa, marcada e recomendable”, apunta o responsable de Galicia Senderismo, Gumersindo Rodríguez. “Sempre repetimos con esta fermosa ruta”, indica o responsable do proxecto que ten máis de 10 anos de experiencia en rutas de sendeirismo. Os sendeiristas cumpliron en todo momento as recomendacións das autoridades sanitarias para combater a #Covid19.