A asistencia gratuíta pero o aforo será limitado, polo que é preciso recoller a entrada na Casa da Cultura antes do venres 9 de outubro
A Casa da Cultura de Lousame acollerá esta fin de semana dúas novas actuacións incluídas no programa cultural de outubro: o monólogo “Complexo de Edipo”, de Quico Cadaval, e a obra de teatro “Go on!”, de Xoque Carbajal e Jouse García. Dous espectáculos gratuítos pero de aforo limitado, polo que os veciños e veciñas que desexen asistir a algún deles deberán recoller a súa entrada na Casa da Cultura de Lousame antes do venres 9 de outubro.
O programa arrincará o sábado 10 de outubro, ás 20:00 horas, con “Complexo de Edipo”, un relato de Quico Cadaval distribuído por Producciones Teatrales Excéntricas, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Gadis e Xacobeo 2021. Unha hora de monólogo no que o actor dará conta tanto de psicoanálise e alta cultura, como de cotilleos, gastronomía e novas sobre a monarquía española
Para o domingo 11 de outubro, ás 19:00 horas, o Concello de Lousame e a Deputación da Coruña teñen programada “Go on!”, unha comedia escrito por José Luís Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Xoque Carbajal e Jouse García, de Malasombra Producións.
Unha obra na que Carbajal e García se presentan con exploradores espaciais cunha misión: descubrir Galicia, polo que inician un percorrido humorístico polas distintas tradicións desta terra.