Friday 22 de November de 2024

Centros educativos da Pobra acollerán actividades divulgativas sobre a píllara


Neste 2020 daráselle continuidade ao Proxecto de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) nas praias da península do Barbanza. A Coruña, desenvolvido en 2019 por parte de SEO/BirdLife co financiamento da Deputación da Coruña.
O Concello da Pobra do Caramiñal xa participara neste proxecto no pasado exercicio a través de senllas charlas divulgativas nos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra, así como dun coloquio para o público en xeral. Enfocado no ámbito da educación e do coñecemento, este ano proseguirase coa divulgación que fai SEO/BirdLife nos centros de ensino, polo cal no martes 6 terán lugar diversas actividades.
O referido proxecto conta con accións relevantes de conservación e divulgación, pois afonda no traballo articulado coas institucións, públicas e privadas, a sensibilización ambiental en centros educativos, a investigación científica e a divulgación dos datos obtidos na propia comarca e en plataformas en liña e
eventos de interese científico, tanto en Galicia coma a nivel nacional.
Cómpre sinalar que a píllara das dunas está en retroceso poboacional no ámbito español e galego, onde conta con menos de 90 parellas reprodutoras e, na comarca do Barbanza, atópase ao redor do 30/40% da poboación galega.
Pódense atopar máis datos e actividades relacionadas con esta e outras especies na seguinte ligazón: http://seopontevedra.blogspot.com/