O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión tivo que realizar unha actuación de auxilio esta tarde nun accidente que tivo lugar na estrada AC-308 Portobravo-Padrón, á altura da localidade lousamiá de Vilacoba. Un sinistro no que resultou ferido de gravidade o condutor dun todoterreo con remolque, que se deslizou por un terraplén cara o río Vilacoba.
O ferido, que se queixaba de moita dor nas costas, no pescozo e nas costillas, foi trasladado ao hospital en helicóptero. Na actuación tamén participaron os bombeiros de Boiro, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia, cuxos servizos non foron precisos debido ao traslado inmediato en helicóptero.