Friday 22 de November de 2024

A Pobra organiza un obradoiro de autoestima para mulleres


A Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal organiza un obradoiro de autoestima para mulleres, o cal se desenvolverá nos venres do mes de outubro (9, 16, 23 e 30), en horario de 18.00 a 20.00 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal.
O taller será impartido pola psicóloga Paula Tubío e as participantes traballarán a construción individual da autoestima segundo as vivencias propias, pero tamén ao redor das experiencias compartidas polo feito de seren mulleres. Así, traballarase sobre unha nova maneira de coñecerse, aceptarse e obter recursos para afrontar situacións que paralizan, ademais de potenciar habilidades.
Trátase dunha actividade de balde e as prazas son limitadas, polo cal as persoas interesadas deberán realiza-la súa inscrición a través do teléfono de contacto 646009471, ben sexa chamando ou enviando un whatsapp.
A acción está cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Unión Europea.