Saturday 23 de November de 2024

Touro restaura e recupera as fontes e manantiais do Concello


O Concello de Touro traballa dende hai anos na recuperación e restauración de fontes e manantiais en todo o municipio. Durante os meses de verán, os operarios da brigada municipal estiveron facendo traballos de rehabilitación e acondionamento na Fonte do Campo, na parroquia de Novefontes; e nas fontes de Piazo, na Fontiña e no Picho, as tres en Vilar de Calvos. Os traballadores do Concello recuperaron as fontes e os manantiais, habilitaron accesos, canalizaron regos, vaciaron de lama os vellos estanques, acondicionaron as infraestructuras e contruiron novos depósitos para que as fontes poidan estar a pleno rendemento e ser utilizadas polos veciños da contorna. De feito a Fonte do Campo está ubicada na parroquia de Novefontes, onde a toponimia xa indica a presencia de fontes neste territorio.

O Concello de Touro traballa na recuperación deste patrimonio de fontes e manantiais empregando fondos municipais e tamén a través de subvencións. Hai tempo que comenzou. Xa restaurara a fonte próxima á igrexa parroquial de Novefontes. Outra das primeiras fontes restauradas foi a da localidade de Peixón, en Loxo. Os operarios adecentaran e restauraran a fonte que mana auga dun manantial próximo. Tamén foi restaurada a fonte da capilla de San Cidre, en Tarrío.

O Concello de Touro acondicionou fai uns anos o acceso á fonte de San Breixo, denominada tamén Fonte do Santo, na parroquia de Foxás. Neste lugar celébrase a tradicional romería de San Breixo, que é en honra de Santa Lucía e que todos os outonos, no mes de outubro, cita no campo da festa a romeiros e romeiras de toda a comarca de Santiago, ainda que este ano todo estará condicionado pola pandemia da Covid19.

O Concello de Touro está decidido a recuperar o seu patrimonio. “Tratamos de mellorar as condicións do noso medio rural e mellorar o benestar dos veciños e veciñas das 19 parroquias que integran o noso municipio”, explica o alcalde Ignacio Codesido.