O Concello de Malpica, en acordo con todos os representantes dos grupos políticos que integran a corporación, decidiu esta mañá decretar dous días de loito oficial, desde o venres 2 de outubro ás 00:00 horas ata o sábado, 3 de outubro, ás 23:59 horas, así como que as bandeiras ondeen a media hasta, tras coñecerse a noticia do falecemento de dous veciños da nosa localidade a pasada madrugada.
Quedan suspendidas as actividades municipais programadas para esta fin de semana. Os centros municipais permanecerán pechados.
Desde o Concello, amosamos o noso pesar e a nosa dor polo seu pasamento, e trasladámoslle o pésame aos seus familiares e amigos.
As bandeiras xa ondean a media hasta na Casa do Concello de Malpica, logo de decretarse dous días de loito oficial polo pasamento de dous veciños da localidade.