Esta mañá, o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo; Diego Miranda, técnico da Reserva de Biosfera; e Xoana Varela, da Oficina Agraria de Betanzos, inauguraron a formación.
O Concello de Miño e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo deron hoxe a benvida ao curso específico de agricultura ecolóxica, un curso baixo o título de ‘ Manexo do só na horticultura ecolóxica’. Esta mañá, o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo; Diego Miranda, técnico da Reserva de Biosfera, e Xoana Varela, da Oficina Agraria de Betanzos, inauguraron a formación no Centro Social A Rúa.
Este vai dirixido tanto a persoas en activo como a aquelas cuxas expectativas sexa iniciarse na actividade. A formación está coorganizada pola Reserva de Biosfera e a Oficina Agraria de Betanzos e desenvolverase durante os días 1, 9 e 14 de outubro. Ademais de en Miño, tamén terá lugar en Oza-Cesuras e Paderne.
Entre as materias para impartir atópase a planificación da labra, a bioloxía do chan, a compostaxe ou os labores básicos para o cultivo ecolóxico. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, deu a benvida “a todos os que traballades con criterios ecolóxicos, para producir unha riqueza económica pero tamén conservar o medio”.
Pola súa banda, Diego Miranda, da Reserva de Biosfera, sinalou que o obxectivo deste curso é impulsar a competitividade no sector agrario de Galicia. Está incluído no Plan de Formación ao Agro Galego 2020.