A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal comunica que se efectuaron os labores de mantemento no polideportivo da Tomada, unha das accións preparadas para a mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano e que buscan ofrecerlles aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.
A dita actuación comprendeu pinta-las paredes de bloque de todo o perímetro, agás a parede da bancada, dun modo consistente nunha primeira man de imprimación co disolvente nas zonas afectadas pola auga e en rematar con dúas mans de pintura acrílica especial para interior. O investimento ascendeu a 7419’72 euros, IVE incluído.
Así mesmo, procedeuse a repinta-las paredes do banco e bancadas: unha primeira man de imprimación onde se requirise, un repaso das gretas e remate con pintura acrílica especial para interior. O importe foi de 3301’12 euros, IVE incluído.
Ámbalas obras foron executadas por Gilberto Pinturas.