O proxecto comeza coa compilación de datos das distintas empresas radicadas no municipio
O Concello de Boqueixón proxecta a creación dunha Guía Empresarial. “O obxectivo desta iniciativa é a creación dunha dunha base de datos das empresas do municipio por sectores, en base á que se diseñará unha guía que permitirá a promoción e difusión das de todos o tecido empresarial, explica o alcalde, Manuel Fernández Munín.
Como primeiro paso para este proxecto, o departamento de Formación, Emprego e Desenvolvemento local vén de iniciar a compilación da información.
Para iso, creouse un formulario en liña (ao que se pode acceder nesta ligazón https://forms.gle/QAk9UZVCt2Suz3p87 ) a través do cal se recollerán todos os datos das empresas con enderezo fiscal no municipio. No devandito formulario pídense datos básicos de contacto, así como unha breve explicación sobre a actividade que leva a cabo.
A devandita guía publicarase na web municipal e daráselle visibilidade a través das diversas canles en liña das que dispón o Concello. Aquelas persoas que precisen máis información, pódense poñer en contacto co de Formación, Emprego e Desenvolvemento Local no enderezo electrónico emprego@boqueixon.com ou no teléfono 981 513 061.