A Asociación Cultural ESMU A Pobra, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e Organistrum, organiza para o curso 2020/2021 a Escola de Música da Pobra cunha ampla proposta de formación musical. Entre as clases que se ofertan figura a iniciación musical infantil (3, 4 e 5 anos), formación instrumental individual (saxo, frauta, clarinete, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, piano, piano complementario, guitarra, baixo eléctrico, ukelele, percusión e batería), linguaxe musical, linguaxe musical para persoas adultas, harmonía clásica, harmonía moderna, banda xuvenil, grupos de cámara, combos (jazz, funck e rock) e ensemble de percusión.
A matrícula xa está aberta e pódese realizar de xeito telemático ou presencial. No caso de elixir esta última opción, será preciso solicitar unha cita previa sempre chamando antes aos teléfonos de contacto 636342485 ou 616901276, nos cales as persoas interesadas tamén poden solicitar máis información. As aulas desenvolveranse na casa da cultura Raquel Fernández Soler e o custo depende do número de materias que se escollan e de cales sexan esas disciplinas.
Tódalas clases se impartirán seguindo os protocolos de seguridade por mor da COVID-19.