A pesar do mal tempo nalgunha das xornadas, participaron tanto veciños e veciñas de Camariñas como doutros municipios galegos e de fora da comunidade
Todas contaron cun protocolo COVID adaptado á situación actual, sendo obrigatorio o uso de máscara sanitaria.
O programa de visitas guiadas gratuítas ‘Camariñas, vila mariñeira’ celebrado a pasada fin de semana tivo unha moi boa aceptación, contando coa participación tanto de veciños e veciñas de Camariñas como doutros municipios galegos e de fora da comunidade a pesar do mal tempo dalgunha das xornadas.
Os participantes amosáronse interesados principalmente na actividade e organización do sector pesqueiro na actualidade e sobre as especies capturadas, ademais da tradición do encaixe. Todas as visitas contaron cun protocolo COVID adaptado á situación actual, seno obrigatorio o uso de máscara sanitaria.