Friday 22 de November de 2024

Sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación de 28 de setembro de 2020


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no día de onte, luns 28, a partir das 21.00 horas, a sesión extraordinaria e urxente do Pleno da corporación, na cal estiveron presentes 13 concelleiros e concelleiras. A orde do día foi a que figura a seguir:
1. APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES (4 e 13 de xuño de 2020)

2. PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA A APROBACIÓN PROVISIONAL DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 03/20 E A APROBACIÓN DUNHA SUBVENCIÓN NOMINATIVA (CONFRARÍA). Aprobada por unanimidade

3. PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA A APROBACIÓN PROVISIONAL DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO 04/20 (AXUDAS COVID). Aprobada por unanimidade

4. APROBACIÓN DO CONVENIO CON “AUGAS DE GALICIA” PARA O ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE EN ALTA. Aprobada por unanimidade

5. MODIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO POR ACTIVIDADES DEPORTIVAS. INTRODUCIÓN DA TARIFA POLA ACTIVIDADE DE “CAMIÑADAS + STRETCHING”. Aprobada por unanimidade

6. MODIFICACIÓN DA BASE 39.ª DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PARAA INCLUSIÓN DUNHA NOVA SUBVENCIÓN NOMINATIVA
(EMPRESARIADO). Aprobada por unanimidade

7. PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA A APROBACIÓN DO PACES. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e BNG) e 5 abstencións (PP)

 

Municipio de Interese Turístico

8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á SITUACIÓN DA POLICÍA LOCAL. Denegada con 5 votos a favor (PP), 6 votos en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE) e 2 abstencións (BNG)

9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á INSTALACIÓN DE CASETAS NOS XARDÍNS. Denegada con 5 votos a favor (PP), 6 votos en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE) e 2 abstencións (BNG)

10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á DISTRIBUCIÓN DAS MESAS ELECTORAIS. Aprobada por unanimidade cunha emenda do BNG

Quedaron pendentes de aborda-los seguintes puntos da orde do día:

11. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A MEDIDAS PARA LIDERAR UNHA SAÍDA SOCIOECONÓMICA XUSTA PARA O SECTOR DO MAR

12. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

13. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO INICIO DE CURSO

14. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á INCLUSIÓN NO INVENTARIO DE CAMIÑOS DUN CAMIÑO ENTRE A CRUZ DE PEDRA E A ESTRADA DE LESÓN

15. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP RELATIVA Á FALTA DE DILIXENCIA POR PARTE DO CONCELLO NAS XESTIÓNS PRECISAS PARA INSTAR Á ROZA E Á LIMPEZA DAS PARCELAS