A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala que a “reapertura destes espazos responde á necesidade de conciliación das familias e ao compromiso do Concello con elas” e que os EAI “son contornos seguros en que se tomarán as medidas de seguridade sanitarias necesarias”
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación reabriu o pasado mércores os espazos de atención á infancia nas súas localizacións habituais, agás no caso do espazo da Sagrada Familia, en que se trasladou a unha nova localización no Centro Cívico dos Mallos.
Debido á nova situación sanitaria provocada pola Covid-19, e velando polo benestar das e dos menores, o número de prazas en cada un dos espazos de atención á infancia verase reducido a un máximo de 9 menores, que serán atendidas/os en todo momento por unha monitora ou monitor.
A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, sinala “o compromiso do Goberno local para lles axudar a conciliar ás familias con nenas e nenoas coa reapertura destes espazos en que se cumprirán todas as medidas que indiquen as autoridades sanitarias”
Debido á necesidade de priorizar as necesidades de conciliación da vida laboral e familiar, as Ludotecas de Monte Alto e de Mesoiro reconverteranse en espazos de atención á infancia.
Desde a concellería sinalan que, para poder acceder a estes espazos, as familias deberán estar dadas de alta no Servizo de Canguraxe e acreditar necesidades de conciliación laboral.