Monday 25 de November de 2024

Malpica adicará unha partida de 116.363,81 euros para axudas a autónomos e pequenas empresas


O obxectivo básico é dar cobertura ás necesidades máis inmediatas de dous dos sectores máis afectados pola crise da COVID-19.

O Concello de Malpica adicará unha partida de 116.363,81 euros para axudas a autónomos e pequenas empresas do municipio, dentro do programa PEL Reactiva da Deputación Provincial da Coruña, que pretende impulsar a recuperación e o emprego nos municipios con menos de 50.000 habitantes.
O obxectivo básico desta medida é dar cobertura ás necesidades máis inmediatas de dous dos sectores máis afectados pola crise da COVID-19. Así, a administración local aportará 23.272,76 euros, que en conxunción aos 93.091,05 euros fan un total de 116.363,81 euros.
Os fondos poderán ser destinados a gastos de adaptación ao contexto sanitario, á adquisición de mamparas ou produtos de limpeza, e tamén a gastos correntes. O reparto dos fondos é obxectivo, baseándose no número de microempresas e autónomos de cada municipio.
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, quixo agradecerlle ‘á Deputación provincial a posibilidade de adherirnos a este acordo conxunto, e que será unha gran axuda para dous dos sectores máis afectados pola crise sanitaria, nun momento no que é indispensable. Desde o Concello traballaremos para buscar fórmulas que reactiven a situación e para que os colectivos máis vulnerables non estean desprotexidos’,
argumentou o rexedor.