Monday 25 de November de 2024

Reunión da alcaldesa, Sandra Insua, coa subdelegada do Goberno Pilar López-Rioboo polo peche do ISM


A alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, reuníuse esta mañá en Corcubión coa Subdelegada do Goberno en A Coruña, PIlar López-Rioboo polo peche do Instituto Social da Marina (ISM) e para tratar a falta de cobertura da praza de médico que hai na localidade.

Na reunión tamén acudiron alcaldes de varios concellos da contorna como Margarita Lamela, alcaldesa de Cee; José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría; Juan Manuel Saborida, alcalde de Carnota; Iago Toba, alcalde de Muía; José Marcote, alcalde de Fisterra; Manuel Insua, alcalde de Corcubión e tamén acudiu a Deputada no Congreso, Monserrat García.