Saturday 16 de November de 2024

A Escola de Música Magariños de Brión acollerá este venres un recital gratuíto de guitarra clásica de Damián Cairo Touriño


A escola municipal de música Magariños de Brión acollerá este venres 23 de xaneiro un recital gratuíto de guitarra clásica a cargo de Damián Cairo Touriño, intérprete solista e profesor do centro. Unha actuación que terá lugar ás 20:00 horas na Aula 5 da escola de música en Pedrouzos. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Damián Cairo Touriño, nado na cidade da Coruña, é profesor da Escola Municipal de Música Magariños dende o curso 2010/2011 e dende aquela ofrece todos os anos un concerto de guitarra, instrumento do que el imparte as materias de Guitarra Clásica e Orquestra de Guitarras. O recital deste venres contará cun repertorio moi variado, incluído tanto compositores galegos como compositores de recoñecidos no panorama internacional, e está organizado polo Departamento de Actividades Extraescolares da Escola Municipal de Música Magariños, en colaboración co Concello de Brión, a Consellería de Cultura e a Deputación da Coruña.