Tuesday 26 de November de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo un espectáculo de maxia e promoción da lingua da man de Martín Camiña


De asistencia gratuíta, é preciso reservar a entrada no 981 825 780

O Concello de Lousame organiza este domingo 27 de setembro o espectáculo de maxia e dinamización lingüística “Caldeirada de lingua”, protagonizado polo mago Martín Camiña. Unha actuación gratuíta que terá lugar na Casa da Cultura lousamiá a partir das 17:30 horas. As entradas deberán reservarse previamente na propia Casa da Cultura ou chamando ao 981 825 780.
“Caldeirada de lingua” é un espectáculo de ilusionismo lingüístico, humor e participación do público. Durante aproximadamente 65 minutos, o ilusionista Martín Camiña, ben coñecido en Lousame pola súa participación en dúas edicións anteriores do Festimaxia, invocará o “conxuro da caldeirada” para recuperar a memoria do que somos e valorar o tesouro que supón dispoñer dunha cultura propia e dunha lingua de seu. “Caldeirada de lingua” é un espectáculo dirixido a todos os públicos organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña.