Con isto, complétase a urbanización dunha das parcelas desta rúa, quedando por finalizar a contigua, e que se concederán en breve
O Concello de Miño concedeu as primeiras 16 licenzas de primeira ocupación na rúa Rego
do Can, situada na urbanización Costa Miño. Con isto, complétase a urbanización dunha das
parcelas desta rúa, quedando por finalizar a contigua, e que se concederán en breve.
Desde o goberno local, destacan esta situación como ‘tremendamente positiva tanto para a
urbanización como para o conxunto do noso municipio; é un impulso e demostra que Miño
segue tendo tirón para ser un lugar no que estar e vivir’, sinalan.